CARRERA POPULAR CONCELLO DE RIBAS DE SIL - 28/04/2013


INFORMACION Y RESULTADOS CARRERA POPULAR CONCELLO DE RIBAS DE SIL 2013

REGULAMENTO DA PROBA
Art. 1 - Poderán participar na proba todas aqueles que o desexen.

Art. 2 - Non estará permitido o acompañamento dos participantes mediante o uso de vehículos de axuda. A non observancia desta norma implicará
a descualificación dos atletas acompañados.

Art. 3 – O dorsal deberá ser colocado visiblemente na parte dianteira do/a corredor/a, sen poder facer ningunha modificación nel.

Art. 4 - Na proba absoluta será obrigatoria a utilización do chip de cronometraxe subministrado pola organización excepto para os propietarios de
chip amarelo que poden utilizalo seu.

Art. 5 - Todos os participantes, polo feito de inscribirse, aceptan a publicación tanto do seu nome coma da súa imaxe nas clasificacións da proba,
nos medios de comunicación e en internet.

Art. 6 - Dado o espírito deportivo e popular desta proba non se admitirán reclamacións. A participación leva implícita a aceptación do regulamento
da proba.

Art. 7 - A organización e os seus colaboradores non se fan responsables dos danos morais ou materiais que a si mesmos ou a outras persoas
ocasionen os participantes nas carreiras.

Art. 8 - A organización da proba reservarase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou circunstancia non contemplada neste regulamento.

Art. 9 – A data límite de inscrición será o día ata o XOVES 25 DE ABRIL, ás 14:00 h na web www.championchipnorte.com (única forma de
inscrición).

No caso de que non sexas usuario, debes darte de alta no apartado “REXISTRATE” e seguir as instrucións para formalizar as inscricións que
desexes en www.championchipnorte.com.

No resto de probas e categorías que van desde pitufo ata cadete, poderán inscribirse chamando o teléfono: 982428237.

Tamén se poderán apuntar o mesmo día da carreira ata media hora antes da proba.
- Non se inscribirá a ningún participante despois das 10:30 h.
- Non se admitirá ningunha inscrición na que falten datos.

CARREIRAS DOS MENORES
Disputáranse a partir das 11:00 h da mañá no entorno da Praia Fluvial de San Clodio (Ribas de Sil). As categorías, as distancias e os horarios de
cada un deles son os seguintes:


Categorías - Distancia - Horario
Categoría Pitufo: 2008 e posteriores - 100 metros - 11:00
Categoría Prebenxamín: 2006/2007 - 700 metros - 11:05
Categoría Benxamín: 2005/2004 - 700 metros - 11:10
Categoría Alevín: 2003/2002 - 1.200 metros - 11:15
Categoría Infantil: 2001/2000 - 1.200 metros - 11:25
Categoría Cadete: 1999/1998 - 1.800 metros - 11:35

CATEGORÍA ABSOLUTA
Disputárase a partir das 12:00 h da mañá no entorno da Praia Fluvial de San Clodio sobre un circuíto de 6.400 m.

As categoría, tanto no apartado masculino como feminino son as seguintes:
1ª Categoría: nacidos nos1997, 1996, 1995 e 1994
2ª Categoría: nacidos entre os anos 1993 e 1984
3ª Categoría: nacidos entre os anos 1983 e 1974
4ª Categoría: nacidos entre os anos 1973 e 1964
5ª Categoría: nacidos entre os anos 1963 e 1954
6ª Categoría: nacidos no ano 1953 e anteriores

PREMIOS
Categorías de Menores: Os tres primeiros de cada categoría levarán un trofeo conmemorativo da carreira (agás pitufo). Asimesmo, a todos os
atletas das categorías de menores se lles entregará una medalla conmemorativa do evento.

Carreira Absoluta: Trofeos os tres primeiros clasificados de cada categoría. Os tres primeiros absolutos (tanto masculino como feminino) levarán
un trofeo de artesanía con motivos da zona.

A todos los participantes se lles entregará una camiseta conmemorativa da carreira.

RETIRADA DE DORSAIS E CHIPS
Os dorsais e chips de cronometraxe entregáranse o día da proba na carpa da organización sita na Praia Fluvial de San Clodio en horario de 9:00 a
11:00 h.

PERCORRIDO:
NOVO PERCORRIDO, MENOS DURO E DE MENOR DISTANCIA

A carreira iníciase na Praia fluvial. Pasamos por debaixo da Ponte Nova seguindo polo paseo fluvial ata chegar “os Lameiriños”.


En dito lugar, xiramos a esquerda e seguimos a estrada ata chegar ó túnel que cruza a vía do tren (a dereita). Seguimos o camiño ata chegar a
unha vila chamada “A Cova”.

En “A Cova” collemos o camiño da dereita, dirección Pousanova. Ó chegar a A Aceña, seguimos polo camiño da dereita ata chegar o primeiro paso
a nivel. Continuamos a carón da vía do tren ata o seguinte paso a nivel (Pumares) e seguimos pola rúa Deputación ata chegar o barrio de “San
Román”.

Aquí xiramos á dereita pasando por debaixo dun túnel e xiramos á esquerda pola “Rúa o Barco” ata chegar ó río onde pasamos unha pasarela de
madeira que nos leva polo paseo fluvial ata chegar a meta.

O percorrido ten unha lonxitude de 6.400 m.

ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS DE CRONOMETRAXE.
Os dorsais e os chips de cronometraxe entregaranse o día da proba (28 de Abril) na carpa da organización sita na Praia Fluvial de San Clodio de
9:00 a 11:00.

CONTROL CON CHIP: a proba de adultos estará controlada a través dun CHIP que se entregará a cada corredor no momento da recollida do
dorsal (agás propietarios de chip amarelo) e que deberá colocarse na zapatilla antes da saída da súa proba.

TODOS OS CORREDORES TEÑEN A OBRIGA DE DEVOLVER O CHIP O FINALIZAR A SÚA PROBA (agás propietarios de chip amarelo). AQUELES
CORREDORES QUE NON ENTREGUEN O CHIP, NON ENTRARÁN NAS CLASIFICACIÓNS NIN RECIBIRÁN NINGÚN TIPO DE OBSEQUIO.

INFORMACIÓN DE INTERESE PARA O ATLETA
- Aparcadoiros: os atletas disporán dunha zona de estacionamento na praza do concello e inmediacións.

- Duchas: unha vez rematada a proba estarán a disposición dos atletas as duchas nas instalacións polideportivas.

INFORMACIÓN E RESULTADOS:
Os resultados da carreira popular estarán dispoñibles en www.championchipnorte.com e na páxina web do Concello de Ribas do Sil,
www.concelloribasdesil.es

FECHA DE LA PRUEBA: 28/04/2013

FICHA CARRERA

LOCALIDAD: RIBAS DE SIL
PROVINCIA: LUGO
COMUNIDAD AUTONOMA GALICIA
HORA: 12:00
MODALIDAD: CARRERA
KILOMETROS 6,4


CLASIFICACIONES AÑOS ANTERIORES
15/07/2012 - CLASIFICACION

PAGINA WEB OFICIAL DE LA PRUEBA

CUANDO ESTE DISPONIBLE PODRÁ CONSULTAR LA CLASIFICACION AQUÍ



COMO LLEGAR A RIBAS DE SIL

Ver mapa más grande
Lucas Teano

0 comments :

Publicar un comentario

Este comentario está moderado por el administrador del blog, y no será publicado hasta que este no lo autorice.