CARRERA POPULAR DE XERMADE 2013


Informacion y resultados CARRERA POPULAR DE XERMADE 10/11/2013

RELACIONADO: CARRERA DE XERMADE, RESULTADOS CARRERA XERMADE
Regulamento Completo

IV CARREIRA POPULAR CONCELLO DE XERMADE

II ANDAINA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O Concello de Xermade, organiza o vindeiro día 10 de novembro a IV Carreira Popular

Concello de Xermade xunto coa II Andaina contra a violencia de xénero. A proba contará co

control técnico da FGA a través da súa delegación en Lugo.

REGULAMENTO

Art. 1. Poderán participar atletas federados e non federados, haberá una clasificación

conxunta. O control da carreira estará a cargo do Comité Galego de Xuíces da FGA:

Art. 2. CATEGORÍAS

CATEGORÍA NADO

Prebenxamin 2007/08 e posteriores

Benxamin 2005/06

Alevín 2003/04

Infantil 2001/02

Cadete 1999/00

Xuvenil 1997/98

Xunior 1995/96

Promesa 1992/93/94

Senior 1991 e anteriores

Veteranos A 35 – 50 anos

Veteranos B 51 – 64 anos

Veteranos C + 65 anos

Art. 3. DISTANCIA E HORARIOS

HORA CATEGORÍA DISTANCIA

11:00 Prebenxamin 150 m

11:10 Benxamin 350 m

11:20 Alevín / Infantil 900 m

11:40 Cadete / Xuvenil 2.700 m

12:15 Xunior / Promesa / Senior / Veteranos 5.500 m

12:15 Andaina 3.000 m

Os participantes na andaina colocaranse na parte posterior da saída para non entorpercer a

saída dos participantes na carreira popular.

Delegación en Lugo da F.G.A.

Avda. Filarmónica Lucense, 3. Edif. Estadio Gregorio Pérz Rivera.

Telf.: 982251999 / 636426792 – Email: fgatletismolugo@gmail.com

Páxina Web: http://www.fgatletismo.es/lugo/ – 27002 – LUGO

Art. 4. LUGAR DE SAÍDA E PERCORRIDO

A saída e a chegada das probas será na praza do Concello.

Art. 5. INSCRICIÓNS

As inscricións faranse na páxina web da FGA. Na inscrición figurará nome e apelidos

completo e DNI.

• Serán de balde ata a categoría Xuvenil.

• Dende xunior e maiores a inscrición custará 5 €.

A data límite da inscrición será o xoves día 7 as 13:00 horas.

A inscrición da andaina tamén será de balde e poderase facer na páxina da FGA, no

enderezo manuelavromero@gmail.com ou no teléfono 982 50 10 08 ou 669 46 16 27. Na andaina

poderanse inscribir independentemente da idade xa que non ten carácter competitivo.

Non se admitirán inscricións o día da proba.

Art. 6. RETIRADA DE DORSAIS E CHIPS.

A retirada de dorsais farase na zona de saída ata 30 minutos antes da proba.

Art. 7. PREMIOS

Por categorías, haberá medalla para os tres primeiros participantes masculino e feminino e

agasallos para todos os participantes.

Carreira absoluta: Trofeo para os tres primeiros de cada categoría masculino e feminino.

Tamén haberá trofeo para o primeiro/a clasificado do concello de Xermade.

Art. 8. Todo corredor/a que non entre na liña de meta co dorsal ben visible colocado na

zona do peito ou que incumpra as normas establecidas no regulamento da Federación Galega de

Atletismo e da RFEA referente a probas en ruta, poderá ser descalificado.

Delegación en Lugo da F.G.A.

Avda. Filarmónica Lucense, 3. Edif. Estadio Gregorio Pérz Rivera.

Telf.: 982251999 / 636426792 – Email: fgatletismolugo@gmail.com

Páxina Web: http://www.fgatletismo.es/lugo/ – 27002 – LUGO

Art. 9. Non está permitido o acompañamento na proba de ningún vehículo alleo a

organización. Nin bicicletas, patíns ou persoas non inscritas na proba que poidan acompañar,

avituallar ou marcar ritmos os participantes. Asemade non se permite a participación con coches

ou cadeiras de nenos, nin correr acompañados destes en ningún momento.

Art. 10. As reclamacións ós resultados oficiais, deberán formularse verbalmente o Xuíz

Arbitro da Competición non máis tarde de 30 minutos despois da publicación dos mesmos.

Art. 11. Servizos.

Haberá avituallamento para todos na chegada a meta.

Tamén estarán dispoñibles as duchas do pavillón polideportivo municipal.

Art. 12. Todo o non previsto no presente regulamento resolverase de acordo co

regulamento da FGA, RFEA e IAAF en vigor.

En Lugo, 23 de outubro do 2.013

Asdo. Pablo Gandoy López

Delegado Técnico da Delegación da FGA Lugo
TELÉFONOS: 636 223 134
SALIDA: Praza do Concello de Xermade
Fecha: 10/11/2013

Ficha CARRERA XERMADE

LOCALIDAD: XERMADE
PROVINCIA: LUGO
CODIGO POSTAL: 27833
COMUNIDAD AUTONOMA GALICIA
HORA: 11:00
MODALIDAD: CARRERA
KILOMETROS 5,5


CUANDO ESTE DISPONIBLE PODRÁ CONSULTAR LA CLASIFICACION AQUÍ




COMO LLEGAR A XERMADE


Ver mapa más grande
Lucas Teano

0 comments :

Publicar un comentario

Este comentario está moderado por el administrador del blog, y no será publicado hasta que este no lo autorice.