DUATLÓN TRAIL DE RIBEIRA 2013


Informacion y resultados DUATLÓN TRAIL DE RIBEIRA 01/12/2013

RELACIONADO: DUATLON DE RIBEIRA, RESULTADOS DUATLON RIBEIRA

REGULAMENTO XERAL

1. A saída darase dende o Camping Ría de Arosa II, situado en Balteiro, parroquia de Olerios no concello de Ribeira as 10.30 horas. As persoas participantes; o rematar a proba; podrán facer uso das duchas das instalacións.

2. Os atletas deberán situarse na zona de saída 10 minutos antes do comenzo da proba.

3. O percorrido desenrolarase maioritariamente nun circuito polo monte, constara de unha primeira parte na modalidade de ciclismo BTT con unha distancia de 15 kms. (nesta especialidade de ciclismo é obrigatorio o uso de casco), o primeiro kilómetro da probra BTT estará neurtralizada por un vehículo da organización; e continúa con unha segunda parte na modalidade de carreira a pé de 5 kms.

A organización non pode garantir a cobertura en todo o longo do percorrido.
Os membros da organización teñen potestade para retirar da proba a calqueira participante si consideran que a condición física ou a súa actitude o requer, asi como a todos aqueles que corran sin dorsal.
A organización, nun punto determinado do percorrido, establecerá un control para retirar a todolos participantes sin dorsal.
Os participantes están obrigados a informar do seu abandono no control de chegada.

4. Está rigurosamente prohibido o acompañamento dos participantes mediante o uso dalgún vehículo de apoio. A non contemplación desta norma implicará a descalificación dos atletas acompañados.

5. A organización vai dispoñer de un box nas instalacións do camping para o rematar a primeira parte en bicicleta os participantes poidan deixar o mateiral e facer a transicción para a carreira a pé. A entrada na zona de box facerase a pé a partir dun punto debidamente balizado, o participante que non a respete e continue na bicicleta a partir dese punto será descalificado. No box soamente poden estar os atletas participantes, estando prohibido o acceso a calquer outra persoa allea a proba. O avituallamento intermedio vai estar instalado neste punto, constara de auga e froita.

6. A tódolos/as participantes facilitaráselle un dorsal, que deberán levar en lugar visible ata o remate da carreira, sendo descalificado o corredor que chegue sen dorsal.

7. Todo aquel atleta que no kilómetro 15 faga un tempo superior a 1 hora e 20 minutos queda descalificado e fora da proba. O límite de tempo total para as dúas probas (BTT+Trail) é de 2 horas, aquel participante que o supere quedará descalificado.

8. As incripcións faranse únicamente dende a web de Arousa Natureza e Ocio www.arousa.com. O prazo vai dende o 8 o 25 de Novembro ou ata cubrir as prazas. O prezo do evento é de 12 euros, e leva incluido un seguro de accidentes para os participantes, os avituallamentos (intermedio e final), e servicio de duchas. O pagamento da cuota é o que formaliza a inscripción.A IDADE MÍNIMA É DE DAZAOITO ANOS. A ORGANIZACIÓN PODE PEDIR A DOCUMENTACIÓN DE CALQUER ATLETA PARA COMPROBAR OS DATOS. NON SE ADMITIRÁN INSCRICIÓNS O DÍA DA PROBA NIN A PARTICIPACIÓN DE CORREDORES SEN DORSAL
RETIRADA DE DORSAIS: O mesmo día da proba na zona de saída entre as 9.30 horas e as 10.15 horas.

9. A participación limitase a un máximo de 200 atletas.

10. Trofeos: Recibirán trofeo os quince primeiros homes e as cinco primeiras mulleres.

11. A organización soamente suspende a proba por cuestións climatolóxicas si existe algunha recomendación ou alerta efectuada pola autoridade competente e comunicarase unha nova data o mesmo día da suspensión. Calquer tipo de reclamación deberá ser realizada inmediatamente dispois do remate da proba para non entorpece-lo desenvolvemento da mesma e será necesario xustificar documentalmente a idade e a condición dos atletas para poder acceder ós premios.

12. Arousa Natureza e Ocio non se fai responsable dos danos morais ou materiais que ocasione a participación nesta carreira. A organización ten suscrito un seguro de accidentes para todos os participantes incluido no prezo da inscrición. Non é posible renunciar ó mesmo para variar o custe da mesma. As coberturas do seguro son:

Gastos de curación, rescate e traslado: 6.000 €
Falecemento: 3.000 €
Invalidez: 3.000 €
Centros Médicos de Libre Elección por parte do accidentado.

13. O descoñecemento deste regulamento non exime do seu cumprimento.Descalificarase a toda aquela persoa que non cumpla o presente regulamento, non complete a totalidade do percorrido, transite por fora dos camiños marcados, non manteña unha actitude de respeto cara o medio ambiente e os membros da organización ou incumpla a súa obriga de auxiliar a un participante que o solicite.
Fecha: 01/12/2013

Ficha DUATLON RIBEIRA

LOCALIDAD: RIBEIRA
PROVINCIA: A CORUÑA
CODIGO POSTAL: 32427
COMUNIDAD AUTONOMA GALICIA
HORA: 11:00
MODALIDAD: DUATLON
KILOMETROS 15 - 5


CLASIFICACIONES:

CUANDO ESTE DISPONIBLE PODRÁ CONSULTARA AQUI LA CLASIFICACION 2013



DE INTERES
* CASTILLO DE CARITA
* DOLMEN DE AGEITOS

COMO LLEGAR A RIBEIRA


Ver mapa más grande
Lucas Teano

0 comments :

Publicar un comentario

Este comentario está moderado por el administrador del blog, y no será publicado hasta que este no lo autorice.