Informacion y resultados REUNIÓN ATLÉTICA SOLIDARIA 28/12/2014
- etiqueta: carrera de guarda (a) , inscripción, horario y resultados carrera guarda (a)
Fecha: 28/12/2014
Regulamento:
1º - Coa organización e patrocinio do concello de A Guarda e colaboración de Conrazones, Cruz Vermella, Asociación San Vicente Paúl e Servizos Sociais do Concello, celebrarase a 3ª Reunión Atlética e Andaina Solidaria o día 28 de Decembro do 2014 no porto da Guarda, realizando o control das carreiras o atletismo S.A. Do Trega.
2º A inscrición será gratuíta e cada atleta participante aportará os alimentos perecedoiros e non perecedoiros que desexe. Agradecemos en especial a entrega de leite, azúcre, cacao, chocolate, conservas, embutidos, produtos envasados o vacío e aceite.
3º Convidamos os deportistas que a título individual ou colectivo queiran sumarse a esta carreira e andaina solidaria e a cidadanía en xeral, a colaborar na doazón de alimentos que serán recollidos na secretaría da carreira.
3º Os horarios de saída das carreiras populares (federados e non federados) será os seguintes:
CATEGORÍAS DATA NACEMENTO DISTANCIA APROX. SAÍDA APROX.
ANDAINA Non é competitiva 10 Km 10:00
Infantiles mulleres e homes 2003/2002 3 km
3 km 10:20
10:20
Cadetes mulleres e homes 2001/2000
Júnior mulleres e homes 1.999/98 /97/96 10 km 10:40
Sénior mulleres 1.995/94/93/92 ou antes
Sénior masculina 1.995/94/93/92 ou antes
Alevíns mulleres e homes 2005/2004 1 km 10:45
Benxamíns mulleres e homes 2007/2006 0,5 km 10:55
Prebenxamís mulleres e homes 2009/2008 0,5 km 11:00
Pulgas mulleres e homes 2013/2010 100 m 11:05
4º As inscricións efectuaranse a través http://www.reunalia.com/1792751.. Neste caso os participantes deberán enviar os seguintes datos: Nome, apelidos, DNI, nº ficha (federados), club, residencia, data nacemento completa e teléfono). Tamén poderán inscribirse cumprimentando os datos requiridos no seguinte enlace http://www.reunalia.com/1792751. Pódese acceder a este enlace deste http://deporteaguarda.blogspot.com.es/ ou http://www.trega.es/
5º - O prazo de inscricións péchase o día antes da celebración da proba. AGRADECEMOS QUE SE INSCRIBAN OS QUE REALMENTE VEÑAN A PARTICIPAR.
6º O percorrido para a carreira júnior e senior será o seguinte: saída e chegada no Porto da Guarda, Fernández Albor, Senda Litoral ata o Puntal, Praia O Muíño, Lamiña, Armona, Lagoas, Puntal, Senda Litoral, Fernández Albor e Porto da Guarda. Para o resto de categorías adaptaranse distintos circuítos no entorno do paseo Marítimo do Porto Guardés.
O percorrido da Andaina será o seguinte: Senda Litoral ata o Sollás, subida polo camiño do Sollás, subida polo camiño Cova da Loba, Granxa, Praza de San Amaro, Igrexa Parroquial, Outeiro, Cascallar, Armona, Lagoas, Puntal, Senda Litoral e chegada ó Porto.
7º En todas as carreiras realizarase unha clasificación por categorías de ambos los dous sexos que estarán dispoñibles nas páxinas http://deporteaguarda.blogspot.com.es/ e http://www.trega.es/.
8º Entregaranse medallas para os tres primeiros clasificados das carreiras nas distintas categorías.
9º Serán gañadores da 3ª Reunión Atlética e Andaina Solidaria 2014 a primeira atleta clasificada da carreira júnior, sénior feminina e o primeiro atleta clasificado da carreira júnior, sénior masculina
10º Os participantes correrán cos gastos de desprazamento. TRAERÁN EMPERDIBLES PARA COLOCAR O DORSAL.
11º Todos os dorsais dos atletas serán entregados polo club organizador no momento da confirmación, que se realizará como mínimo media hora antes do comezo de cada carreira, debendo os atletas respectar, de habela, a publicidade impresa. Unha vez rematada a proba terán que ser entregados en meta.
12º Os participantes nas carreiras deberán pasar por cámara de chamadas ata 15 minutos antes da hora de comezo das súas carreiras.
13º Os participantes poderán ducharse nas instalacións do Club de Remo ROBALEIRA.
14º Tanto a organización como o seus colaboradores non se fan responsables dos danos morais ou materiais que a sí mesmos ou a outras persoas ocasione a participación nesta carreira.
15º Se os corredores da carreira absoluta chegan antes de realizarse a carreira dos mais pequenos esta retrasarase.
16º Dado o carácter popular non se admiten reclamacións. Admitiranse propostas e criticas, agradecendo que sexan por escrito.
17º O feito de inscribirse nesta carreira popular e federado leva implícita a aceptación deste regulamento.
Ficha CARRERA GUARDA (A)
LOCALIDAD: | GUARDA (A) |
PROVINCIA: | PONTEVEDRA |
COMUNIDAD AUTONOMA | GALICIA |
HORA: | 10:00 |
MODALIDAD: | CARRERA |
KILOMETROS | 10 |
COMO LLEGAR A GUARDA (A)
0 comments :
Publicar un comentario
Este comentario está moderado por el administrador del blog, y no será publicado hasta que este no lo autorice.