Fecha:
31/12/2014
REGULAMENTO DA PROBA “III SAN SILVESTRE SOLIDARIA DE PONTEAREAS 2014”
PREVIO Á CARREIRA
Art. 1º.- Todos os participantes polo feito de inscribirse declaran coñecer, entender e aceptar o presente regulamento.
Art. 2º.- A Asociación Deportiva Taninos Runners Ponteareas, con CIF: G94049871 e o Excelentísimo Concello de Ponteareas ORGANIZAN, o mércores 31 de decembro de 2014, a partir das 16:45 horas a “III San Silvestre Solidaria de Ponteareas” sobre un trazado urbano de 5 Km.
Art. 3º.- PARTICIPANTES E CATEGORIAS
Poderán participar todas aquelas persoas, federadas ou non, que o desexen sempre que estean inscritas, nos prazos establecidos para o efecto pola organización, e cumpran as condicións de participación.
Categorías Establecidas:
A proba absoluta estará aberta a todos os atletas que teñan cumpridos os 14 anos de idade no día da proba.
Para este ano 2014 haberá San Silvestre Solidaria Infantil con dúas categorías:
- Nenos e nenas de 8, 9 e 10 anos cumpridos no día 31 de decembro de 2014 (nados nos anos 2004, 2005 e 2006), cun percorrido de unha volta ás dúas prazas de Ponteareas. Hora inicio: 16:45
- Rapaces e rapazas con 11, 12 e 13 anos cumpridos no día 31 de decembro de 2014(nados nos anos 2001, 2002 e 2003) , cun percorrido de dúas voltas ás dúas prazas de Ponteareas. Hora inicio: 17:00
Art. 4º.- CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN
As persoas participantes comprométense a aceptar estritamente o presente regulamento e calquera posible modificación da proba, obrigada por causas alleas á vontade da organización.
O feito de inscribirse implica ter lido, entendido e adquirido os compromisos que se expoñen a continuación:
• Cada corredor participa baixo a súa enteira responsabilidade, afirma posuír un nivel de condición física suficiente para afrontar a proba e ter pasado os pertinentes controis médicos de saúde.
- A organización non se fai responsable de calquera lesión ou padecemento por imprudencia, neglixencia ou falta de forma física do/a participante.
- O/A participante exime de toda responsabilidade á organización que puidese derivarse da súa participación no evento (Ex. perda de obxectos persoais por roubo ou outras circunstancias, perigo de lesións, atropelos, agresións...)
- Autorízase á organización o uso de calquera imaxe en publicacións, carteis ... para a promoción do deporte. Calquera persoa inscrita poderá prohibir a utilización da súa imaxe previa solicitude expresa e por escrito dirixida á Asociación Deportiva Taninos Runners Ponteareas (rúa Oriente 15 – 2º - 36860 Ponteareas)
A Organización resérvase o dereito a rexeitar calquera inscrición que non acepte os termos e condicións expostos no presente regulamento. No caso de dúbida, ou de xurdir algunha situación non reflectida neste, estarase ao que dispoña a Organización.
Art. 5º.- INSCRICIÓNS
Faranse no correo electrónico taninosponteareas@gmail.com ata o luns 29 de decembro de 2014 e non se admitirán nin inscricións posteriores nin o mesmo día da proba.
A inscrición será GRATUÍTA
A inscrición na proba é persoal e intransferible.
No correo electrónico enviado para inscribirse constará:
- Nome e apelidos do inscrito, número do DNI, data de nacemento e un e-mail de contacto de cada participante para envío de informacións relacionadas coa proba.
No caso dos rapaces:
- Nome e apelidos do rapaz ou rapaza, data de nacemento, nome e apelidos, e teléfono de contacto do pai, nai ou titor/a legal.[u]
A inscrición na proba quedará limitada a 500 participantes na proba absoluta.
Para os rapaces limitarase a 100 participantes sumando as dúas categorías de idade.
ACCIÓN SOCIAL: Voluntariamente, todos os/as participantes, sexan corredores ou membros da organización e público en xeral, poderán facer unha achega dun produto alimenticio non perecedoiro, nomeadamente produtos de limpeza e hixiene persoal, que serán doados ao centro de reparto de alimentos da Concellería de Servizos Sociais do Concello de Ponteareas
O DÍA DA PROBA
Art. 6º.- RECOLLIDA DE DORSAIS
Farase na zona de saída, na Praza Maior de Ponteareas, nun lugar habilitado pola organización, entre as 15:30 e as 17:00 do día da proba.
Na mesma zona farase a entrega da bolsa do corredor ao rematar a proba.
Os participantes disporán dun servizo de gardarroupa na zona de saída e meta.
Art. 7º.- PERCORRIDO
As categorías infantís completarán o percorrido:
Saída e chegada na Praza Maior fronte ao edificio da seguridade social, con dirección sur cara á rúa da Esperanza, seguimos pola Praza Bugallal, xiro á esquerda pasando fronte á porta principal da igrexa parroquial para acceder á zona de saída e chegada pola rúa de Oriente.
Nenos e nenas de 8, 9 e 10 anos: unha volta. HORA SAÍDA: 16:45
Rapaces e rapazas de 11, 12 e 13 anos: dúas voltas. HORA SAÍDA: 17:00
Categoría absoluta, 14 ou máis anos:
Os corredores completarán 3 voltas ao seguinte circuíto urbano:
Saída e chegada na Praza Maior fronte ao edificio da seguridade social, con dirección sur cara á rúa da Esperanza, seguimos pola Praza Bugallal, xiro á dereita pola rúa Reveriano Soutullo, xiro á esquerda pola rúa Salvaterra, xiro á esquerda pola rúa Virxe da Luz, xiro á dereita por Amado Garra, xiro á esquerda pola rúa Azorín, xiro á esquerda por Rosalía de Castro, xiro á esquerda para seguir de fronte pola rúa Concha Brey, Avda da Constitución, rúa de Oriente para chegar na terceira volta á Praza Maior
Nº Voltas ao circuíto: 3 Distancia: 5 km aprox.
Horario da saída: 17:30h Avituallamento na Praza Maior ao rematar a proba.
Art. 8º.- SERVIZOS SANITARIOS E SEGURO DE ACCIDENTES
A Organización disporá dun servizo médico formado por un/ha médico, un/ha enfermeiro/a e unha ambulancia, situados na zona de saída e chegada
A Asociación Taninos Runners Ponteareas dispón dun seguro de responsabilidade civil segundo a lexislación vixente con número de póliza: 0961370044995, contratado con Maphre Seguros.
Así mesmo, todo participante non federado, disporá dun seguro de accidentes, non lesións, soamente para o día da carreira, contratado polo Concello de Ponteareas.
Art. 9º.- DESCUALIFICACIÓNS
O servizo médico da competición, ou o director de carreira, están facultados para retirar da carreira calquera atleta que manifeste un mal estado físico evidente, que non realice o percorrido completo, que non teña dorsal, que manipule a publicidade do dorsal, que manifeste un comportamento non deportivo ou que se reitere en protestas á organización.
Art. 10º.- PERSOAS NON INSCRITAS
Toda persoa que corra sen estar inscrita, faino baixo a súa responsabilidade, non estará cuberta pola Organización. Se é advertida a súa presenza instaráselle a abandonar o circuíto.
POSTERIOR Á CARREIRA
Art. 11º.- PREMIOS
Polo carácter solidario e non competitivo da proba, non haberá máis premio que o poder correr polas rúas da nosa vila o derradeiro día do ano.
Art. 12º.- SERVIZO DE DUCHA
As persoas participantes disporán dun servizo de ducha no pavillón Álvaro Pino de Ponteareas, aberto ata unha hora despois de finalizar a proba.
Para máis información: taninosponteareas@gmail.com
Ficha SAN SILVESTRE PONTEAREAS
LOCALIDAD: | PONTEAREAS |
PROVINCIA: | PONTEVEDRA |
COMUNIDAD AUTONOMA | GALICIA |
HORA: | 17:00 |
MODALIDAD: | SAN SILVESTRE |
KILOMETROS | 5 |
COMO LLEGAR A PONTEAREAS
0 comments :
Publicar un comentario
Este comentario está moderado por el administrador del blog, y no será publicado hasta que este no lo autorice.