Carreira Diego Salguieiriño. As Agüiñas - 2016 - O Porriño


Información y resultados 19/06/2016 Carreira Diego Salguieiriño. As Agüiñas domingo, 19 de junio de 2016 Carrera Porriño (O) 2016 distancia Km, podrá consultar las inscripciones, horario, clasificaciones e histórico de otros años



Regulamento

O Club Atletismo Porriño coa colaboración do Excmo. Concello de O Porriño, organiza a “CARREIRA DIEGO SALGUEIRIÑO. AS AGÜIÑAS 2016”, que se celebrará o día 19 de xuño de 2016, a partires das 10:00 horas, no Polígono Industrial de A Granxa (Instalacións do Club Atletismo Porriño), no Concello de O Porriño.
Poderán participar tódalas persoas estean ou non federadas. Aqueles que non teñan Licencia Federativa ou seguro deportivo (escolares), están cubertos polo seguro do que dispón a organización. Poderán participar tamén atletas doutros paises.
As inscricións faranse a través da páxina web www.atletismopor.com , na pestana da carreira de As Agüiñas ata o día 16 de xuño. As inscricións son de balde, non admitíndose inscricións fora de prazo nin no mesmo día da proba.
A organización no se responsabiliza dos danos morais ou físicos ocasionados na participación da proba.
Os dorsais serán entregados pola organización ata media hora antes do comezo de cada proba na secretaría, que estará ubicada nas instalacións de atletismo sitas no mesmo Polígono Industrial de A Granxa, no Concello de O Porriño.
Non haberá podios para as categorías menores, ós que lle entregaremos medallas. Nas categorías a partires dos xuvenís, incluídos estes, se lles fará entrega de medallas en ambos sexos ós tres primeiros. A entrega de medallas realizarase unha vez finalizadas tódalas carreiras.
A proba estará controlada por persoal do Club Atletismo Porriño. As reclamacións deberán ser feitas verbalmente no espazo de Secretaría, non máis tarde de 30 minutos despois de comunicarse oficialmente os resultados.
Será motivo de descualificación, entre outros, os seguintes aspectos: non realizar todo o circuito da carreira, non levar dorsal ou manipular este e falsificar datos persoais.
Xs atletas deben situarse na Cámara de Chamadas, para control de dorsais, como máximo 10 minutos antes do inicio de cada proba, puidendo ser descualificados de non cumprir esta norma. Pola megafonía da Organización iránse dando oportunas indicacións ó respecto.
As persoas que estean anotadas á carreira e non fagan presencia na mesma, non poderán voltar a participar en ningunha edición futura, unicamente que aporten documentación que xustifique a súa baixa.
Todo atleta, polo simple feito de participar, acepta todo o reflexado neste regulamento.
Cesión dos dereitos de imaxe: Durante o evento deportivo vanse tomar imaxes dos corredores e do entorno xeral da carreira. Coa inscrición dos participantes, acéptase a cesión dos dereitos de imaxe para o uso das fotografías co obxectivo da difusión da actividade nos diferentes medios de comunicación. Os datos cedidos para a inscrición serán empregados exclusivamente para a correcta organización do evento, dacordo coa Ley Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (LOPD).
Orde de saída e horarios

CATEGORÍA ANOS NACEMENTO DISTANCIA HORA

CADETE HOMES 01-02 2.650 m 10:00

CADETE MULLERES 01-02 2.650 m 10:15

INFANTIL HOMES 03-04 2.168 m 10:25

INFANTIL MULLERES 03-04 2.168 m 10:35

ALEVIN HOMES 05-06 1.566 m 10:45

ALEVIN MULLERES 05-06 1.566 m 10:55

BENXAMÍN MULLERES 07-08 1.084 m 11:05

BENXAMÍN HOMES 07-08 1.084 m 11:15



ABSOLUTA: 7.138 m 11:30

XUVENIL 1999-2000

XUNIOR 1997-1998

PROMESA 1994-1995-1996

SENIOR 1982 -1993

VETERÁN A, 1977-1981

VETERÁN B, 1971-1966

VETERÁN C, 1966-1970

VETERÁN D, Nados antes do 1966

PREBENXAMÍN MULLERES 2009-2010 482 m 12:15

PREBENXAMÍN HOMES 2009-2010 482 m 12:20

PITUFOS MULLERES 2011-2012-2013 160 m 12:25

PITUFOS HOMES 2011-2012-2013 160 m 12:30



ENTREGA DE MEDALLAS: 13:00 H.





Fecha: 19/06/2016

FICHA CARRERA PORRIÑO (O)
LOCALIDAD: PORRIÑO (O)
PROVINCIA: PONTEVEDRA
COMUNIDAD AUTONOMA GALICIA
HORA: 10:00
MODALIDAD: CARRERA


CLASIFICACIONES
RESULTADOS

CONSULTAR AQUI CLASIFICACIONES 2016


OTRAS PRUEBAS CERCA DE PORRIÑO (O)


De Lucas Teano

0 comments :

Publicar un comentario

Este comentario está moderado por el administrador del blog, y no será publicado hasta que este no lo autorice.