Información y resultados 31/12/2016 San Silvestre O Rosal sábado, 31 de diciembre de 2016 Carrera Rosal (O) - 2016 Pontevedra distancia 5,1 Km, podrá consultar las inscripciones, horario, clasificaciones e histórico de otros años
EGULAMENTO SAN SILVESTRE “O ROSAL”Artigo 1: O Concello do Rosal organiza a carreira popular San Silvestre “O Rosal”.
Artigo 2: A proba celebrarase o SÁBADO 31 de Decembro de 2016 ás 11:00h. A
realización da proba camiñando sairá a continuación da carreira. A saída e a meta
estarán situadas na Praza do Calvario.
Artigo 3: O percorrido ten 5.142 metros e 2.400 metros para os máis pequenos e
discorre concretamente polas seguintes rúas:
Percorrido de 5.142metros: Saída dende a Praza do Calvario en dirección Ramón
Franco, Rúa do Couso, Rúa Nova do Couso, Rúa Casal, Rúa Jesús Noia, Estrada de
Santa Ana, Camiño Gandarela, Estrada Morraceira, Rúa Campo da Feira, Camiño
Pampaloas, Estrada a Fornelos Estrada a Loureza, Rúa Fornelos, Julios sesto e
chegada á Praza do Calvario.
Percorrido de 5.142m
Percorrido de 2.400 Metros: Praza do Calvario, Ramón Franco, Rúa de Couso,
Travesía de Couso, Rúa Nova de Couso, Rúa Casal, Rúa Jesús Noya, Praza do
Calvario, Rúa Simón Mazo, Rúa Campo da Feira, Rúa Julio Sesto, Camiño Cruz de
Ferro, Camiño Barbuntín, Rúa Callejón, Rúa do couso, Praza do Calvario.
Percorrido de 2.400m
Artigo 4: A proba será controlada por persoal da organización e voluntarios. En toda
cuestión ou dúbida que non estea contemplada neste regulamento aplicarase o criterio
da organización.
Artigo 5: Categorías.
A proba rexerase por categorías unicamente para poder optar ós sorteo dos premio
pero non para a carreira:
Non existen premios ós participantes que acaden en primeiro lugar a meta, senón que
se premiará á participación seguindo as seguintes categorías para efectuar o sorteo
dos premios.
Categoría Infantil : de 0 a 14 anos
De 0 a 5 anos (non participan no sorteo)
De 6 a 10 anos
De 11 a 14 anos
Categoría Xuvenil – Adulto:
De 15 a 20
De 21 en adiante.
Artigo 6: O prazo de inscrición será ata o mércores 21 de decembro, e realizarase
no Concello do Rosal. No momento de realizar a inscrición aboarase a cota.
Artigo 7: A cota de inscrición é de 2€ para tódolos participantes.
Artigo 8: Os dorsais entregaranse no momento de efectuar a inscrición.
Os dorsais deben ser colocados no peito sendo visibles en todo momento, podendo
perder o dereito a participar no sorteo dos premios os corredores que non cumpran
devandito requisito.
Non se permite a participación de corredores sen dorsal.
Artigo 9: Premios.
Diferentes comercios do Rosal colaborarán coa carreira doando produtos, vales-regalo
ou servizos dos seus comercios para sortear entre tódolos participantes da San
Silvestre.
Para optar ó sorteo o participante deberá estar presente durante o mesmo. Este
realizarase ao finalizar a carreira na zona destinada ao efecto pola organización. Se o
participante co número premiado non se atopa presente no sorteo procederase a
sortear novamente o produto, vales-regalo ou servizo.
Artigo 10: Haberá un seguro de responsabilidade civil e de accidentes que ampara a
todos os participantes e á organización.
Artigo 11: A organización resérvase o dereito a realizar as modificacións que
considere necesarias en función dos diferentes condicionantes, así como a suspensión
de proba se as condicións meteorolóxicas ou outras forzas de causa maior así o
aconsellan, pospoñéndose neste caso para outra data.
Artigo 12: A organización declina toda responsabilidade dos danos físicos ou morais,
prexuízos ou lesións que os corredores sen dorsal ou sen inscrición confirmada poidan
ocasionar a eles mesmos, a terceiras persoas ou a elementos materiais.
Calquera incidente motivado ou sufrido por persoas alleas á competición e intrusas na
carreira non será amparado polo seguro subscrito pola organización, recaendo a
responsabilidade sobre o corredor que as introduza en carreira, de ser o caso.
Artigo 13: Todos os participantes aceptan o presente regulamento. A organización
resérvase o dereito a efectuar calquera modificación nas condicións indicadas. Fecha: 31/12/2016
FICHA CARRERA ROSAL (O)
LOCALIDAD: | ROSAL (O) |
PROVINCIA: | PONTEVEDRA |
COMUNIDAD AUTONOMA | GALICIA |
HORA: | 11:00 |
MODALIDAD: | CARRERA |
KILOMETROS | 5,1 |
-->
0 comments :
Publicar un comentario
Este comentario está moderado por el administrador del blog, y no será publicado hasta que este no lo autorice.