A Fundación Cidade da Cultura de Galicia organizará, o sábado 25 de marzo e enmarcada dentro da xornada Cidade Verde, a Carreira Holi Gaiás, unha proba lúdica non competitiva que empregará polvos certificados Holi Gulal de cores durante o percorrido, así como animación tanto antes como despois da mesma.
A SAÍDA e META da proba será na Cidade da Cultura. A hora de soída da carreira será as 12h na Cidade da Cultura.
CATEGORÍAS E HORARIOS
ESCOLARES do 2002 ao 2009..........5 km aprox. 12:00 h
ADULTOS 2001 e anteriores............5 km aprox. 12:00 h
INSCRICIÓNS: A participación na carreira Holi Gaiás terá un prezo por persoa de 3€.
As entradas para a proba estarán á venda no Museo Centro Gaiás, ataquilla.com (+gastos de xestión) no teléfono de Ataquilla 902 504 500 e nos
puntos físicos de Ataquilla ata o mércores 22 de marzo ás 23:59h.
- Descontos: Club Gaiás, Xubilados, Desempregados, Discapacitados, Familias Numerosas, carné da USC, e carné xoven: 2,40€.
- Promocións: Pack Familiar (paga tres entradas, leva catro): 9€. Pack 3x2: 6€.
Os interesados na carreira deberán cubrir o formulario cos datos requiridos e finalizar o proceso de inscrición.
DORSAIS E CAMISETAS DE PARTICIPACIÓN: A recollida de dorsais e camiseta de participación realizarase nos seguintes prazos e lugar:
- LUGAR: CIDADE DA CULTURA
- Horarios e días: 25 de marzo de 09:30 a 11:30 horas
PREMIOS E AGASALLOS: Aínda que a proba ten un carácter NON COMPETITIVO, daranse os seguintes agasallos:
Medalla para os 3 primeiros clasificados e para as 3 primeiras clasificadas da categoría escolares (5 km aprox.)
Medalla para os 3 primeiros clasificados e para as 3 primeiras clasificadas da categoría adultos (5 km aprox.)
FICHA CARRERA SANTIAGO DE COMPOSTELA
LOCALIDAD: | SANTIAGO DE COMPOSTELA |
PROVINCIA: | A CORUÑA |
COMUNIDAD AUTONOMA | GALICIA |
HORA: | 12:00 |
MODALIDAD: | CARRERA |
KILOMETROS | 5 |
-->
OTRAS PRUEBAS CERCA DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
De Lucas Teano
Observon
0 comments :
Publicar un comentario
Este comentario está moderado por el administrador del blog, y no será publicado hasta que este no lo autorice.