Informacion y resultados CARRERA NAVIDAD CARBALLO 28/12/2013
RELACIONADO: CARRERA DE CARBALLO, RESULTADOS CARRERA CARBALLO
ANTECEDENTES E FILOSOFÍA DA PROBA
O club deportivo OS MUDITOS organiza en Carballo a Pedestre do Anllóns-Trofeo de Nadal. Os Muditos é un club de atletismo de nova creación que pretende promocionar este deporte en Carballo, ante o auxe desta práctica deportiva entre os veciños e veciñas do noso concello organizamos esta carreira no Anllóns pois é sen ningunha dúbida o millor lugar en Carballo para realizar unha carreira pedestre, onde se fomenta a práctica de actividade física saudable nun marco incomparable escapando do bullicio de coches do centro e tamén case sen tocar o asfalto, desenvolvéndose a proba por camiños de zahorra, herba e terra ao largo do río e rodeado de árbores e tranquilidade.
Esta proba ten un carácter popular, non profesional, na que pode participar todo o que desexe. PROBA GRATUITA PARA TOD@S, maiores e pequen@s.
COLABORADORES E PATROCINADORES
Colaboran na proba: Concello de Carballo, Policia Local Carballo, PC Carballo, Patronato Deportivo Municipal de Carballo, Coca-cola, Decatlhon Marineda, Deputación da Coruña…
Patrocinan a proba as seguintes empresas: Cebey Metal, Agrobótica, Lotería Alexandra, Viraxes sl, Efa Fonteboa, Ximnasio Corporal Xpression…
LUGAR DE SAÍDA:
Pavillón Vila de Noia.
CATEGORÍAS
CATEGORÍA ANOS DE NACEMENTO
PITUFO 2007 E POSTERIORES
BENXAMÍN NADO/AS 2005 E 2006
ALEVÍN NADOS/AS 2003 E 2004
INFANTIL NADOS/AS 2001 E 2002
CADETE NADOS/AS 1999 E 2000
XUVENIL-XUNIOR NADOS/AS ENTRE 1995 E 1998
PROMESA-SENIOR NADOS/AS 1992 ATA 35
VETERANO A DESDE QUE CUMPREN 35 ATA 50 ANOS
VETERANO B DESDE QUE CUMPREN 50
HORARIOS
HORARIO CATEGORÍAS
15:30 H APERTURA SECRETARÍA PARA RETIRADA DORSAIS E CHIPS
16:30 H Xuvenil-Xunior, Promesa-Senior, Vet A e Vet B
17:20 H Cadete e Infantil
17:40 H Alevín e benxamin
17.50 H Pitufos
18:00 H ENTREGA DE PREMIOS E SORTEO
RECORRIDOS
Carreira de maiores 6,62 km
Carreira cadetes e infantís 2,1 km
Carreira alevíns e benxamíns 540 m
Carreira pitufos 100 m
INSCRICIÓNS
As inscricións tanto na categoría de maiores como nas probas dos/as pequenos/as é gratuita.
Na categoría de maiores o límite de participantes é de 300 participantes.
A data límite de inscrición para a proba de maiores é o xoves, 26 de decembro, xa que esta proba será controlada por chip.
Para inscribirse na carreira de maiores pode realizarse no Decathlon de Marineda en horario laboral ou por email osmuditos@gmail.com, sendo necesario en ambos casos aportar os seguintes datos: Nome e apelidos, data de nacemento, NIF con letra, localidade, email de contacto e teléfono.
As inscricións das probas de nen@s permanecerán abertas hasta o mesmo día da carreira, ata media hora antes da saída. Non levan chip. Os datos necesarios para a inscrición d@s pequen@s serán os seguintes: Nome e apelidos, data de nacemento, localidade, autorización pai/nai.
Na categoría de pequen@s non hai límite de participantes.
A inscrición para as categorías de pequen@s pódese facer no Decathlon de Marineda en horario laboral e por email osmuditos@gmail.com ata o día anterior da pedestre e o mesmo día ata media hora antes da saída na secretaría da proba.
RETIRADA DE DORSAIS E CHIPS
O venres, 27 de decembro poderase retirar o dorsais e os chips na tenda de Decathon Marineda en horario laboral (de 09: a 22:00 hs) e tamén mesmo día da pedestre, media hora antes do comezo de cada proba.
CONTROL DE CHEGADA
O cronometraxe correrá a cargo dunha empresa.
Debido o carácter popular non se admiten reclamacións.
O final da proba hai que devolver o chip.
A o largo do recorrido, a organización establecerá os controis que estime oportunos.
Os puntos kilométricos estarán señalizados na carreira dos maiores.
As clasificacións de todas as probas poñeranse no tablón de resultados o remate de cada proba.
AVITUALLAMENTO O FINAL DAS PROBAS E SERVIZO DE DUCHAS
O final de cada proba entregarase @s deportistas bebida, froita…
Tamén se dispondrá no pavillón Vila de Noia de duchas con auga quente.
PREMIOS E SORTEO DE PRODUTOS DE NADAL
Recibirán trofeo/medallas os tres primeiros e as tres primeiras clasificadas de cada categoría, menos os pitufos que levarán tod@s @s participantes medalla.
Tamén se entregará un premio ao deportista máis veterano/a.
Recibirán un premio especial o primeiro e primeira clasificado/a do concello de Carballo.
A entrega de premios será ás 18:00 hs no pavillón municipal da Vila de Noia.
Debido o carácter festivo da proba realizarase un sorteo de produtos de Nadal donados por diferentes casas comerciais de Carballo o final da entrega de premios.
SEGURO DE ACCIDENTES E RESPONSABILIDADE CIVIL
Tod@s @s participantes inscrit@s estarán amparados por unha póliza de seguro de accidentes e responsabilidade civil concertada por o club deportivo Os Muditos. Estarán excluidos os derivados dun padecemento latente, imprudencia, neglixencia, inobservancia das leis,… Tamén quedarán excluidos os producidos por desprazamentos a ou dende o lugar no que se desenvolve a proba.
Toda persoa que corra sen estar inscrita, farao baixo a súa responsabilidade e non estará amparada polos seguros da proba.
Fecha: 28/12/2013
Ficha CARRERA CARBALLO
LOCALIDAD: | CARBALLO |
PROVINCIA: | A CORUÑA |
CODIGO POSTAL: | 33817 |
COMUNIDAD AUTONOMA | GALICIA |
HORA: | 15:30 |
MODALIDAD: | CARRERA |
KILOMETROS | VARIAS DISTANCIAS |
EL TIEMPO EN Carballo
COMO LLEGAR A Carballo
Ver mapa más grande
Lucas Teano
0 comments :
Publicar un comentario
Este comentario está moderado por el administrador del blog, y no será publicado hasta que este no lo autorice.