Informacion y resultados SAN SILVESTRE CAMARIÑAS 28/12/2013
RELACIONADO: SAN SILVESTRE DE CAMARIÑAS, RESULTADOS SAN SILVESTRE CAMARIÑAS
CARREIRAS E CATEGORÍAS:
Carreiras base:
Pituf@s: 2010, 2009, 2008.
Prebenxamíns: nad@s no 2007.
Benxamíns: nad@s no 2005 e 2006.
Alevíns: nad@s no 2004 e 2003.
Infantís: nado@s 2002 e 2001.
Cadetes: nad@s 2000 e 1999.
Carreira absoluta:
Xuvenís: 1998, 1997 e 1996
18 a 40 anos (cumpridos o día da carreira)
41 en diante (cumpridos o día da carreira)
LEVARÁN CHIP @s participantes na carreira absoluta.
A inscrición ten un custe de 6 € para @s participantes na carreira absoluta no número de conta de Nova Caixa Galicia 2080/0061/53/3040002445 co concepto San Silvestre Camariñá.
INSCRICIÓNS:
CARREIRAS BASE:
As inscricións entregaranse nas conserxerías dos Centros Educativos de Camariñas ou relaizaranse presencialmente do Concello de Camariñas no Departamento de Deportes.
PARA OS QUE NON ESTUDEN NOS CENTROS EDUCATIVOS DO CONCELLO NO email:fran.puga@camarinas.dicoruna.es cos seguintes datos: nome e apelidos, data de nacemento completa, Localidade, Provincia, e-mail de contacto, teléfono de contacto.
Data límite para as carreiras de base o venres 20 de decembro.
CARREIRA ABSOLUTA:
Os datos obrigatorios nas inscricións son NIF con letra, nome e apelidos, data de nacemento completa, Localidade, Provincia, e-mail de contacto, teléfono de contacto, e tamén se é veciñ@ do Concello de Camariñas e o resgardo de ter aboado os dereitos de participación. No email: fran.puga@camarinas.dicoruna.es
Data límite para a carreira absoluta o luns 23 de decembro ás 13´30.
TODOS @S MENORES A SÚA INSCRICIÓN SERÁN CON PERMISO PATERNO que se poderá descargar na páxina web do Concello de Camariñas.
MÁIS INFORMACIÓN fran.puga@camarinas.dicoruna.es 981-736000
HORARIO DAS CARREIRAS DE BASE:
Infantís e Cadetes: 16h
Benxamíns e alevíns: 16´30
Prebenxamíns: 16´40
Pitufos: 16´45
HORARIO DA CARREIRA ABSOLUTA: 17´00 horas.
HORARIO DE ENTREGA DE PREMIOS: 18´30 no Pavillón Municipal de Camariñas para as categorías infantil cadete e para os participantes da carreira absoluta no suposto que chova no caso contario será na propia praza do Mercado.
REGULAMENTO XERAL
1. A saída e a meta de todas as carreiras estarán situadas na Praza do Mercado.
2. A entrega de dorsais e chips para a carreira absoluta farase dende as 15:00 horas ata media hora antes de iniciar a proba na Praza do Mercado. Calquer corredor-a con problemas médicos (alerxia, atencións especiais,...) deberá facelo constar no reverso do dorsal da proba.
A recollida de dorsal nas carreiras de base farase no Concello de Camariñas o día 23 de decembro en horario de mañá de 9´30 a 14h.
3. Tod@s @s participantes inscrit@s estarán amparados por una póliza de seguro de accidentes e responsabilidade civil concertada polo Clube Balonmán Camariñas e recibirán unha camiseta técnica conmemorativa do evento @s corredores-as na carreira absoluta.
4. Toda persoa que corra sen estar inscrita, farao baixo a súa responsabilidade e non poderá participar de trofeos nin obsequios. Tampouco estará amparada polos seguros da proba.
5. O tempo máximo de duración da proba absoluta será de 60 minutos.
6. PERCORRIDOS
CARREIRAS DE BASE:
PITUF@S: Saída da entrada á lonxa vella- Ambrosio Feijó- Praza do Mercado.
PREBENXAMÍNS: Saída da Praza do Mercado- Ambrosio Feijó ata a rotonda e volta á meta.
BENXAMÍNS E ALEVÍNS: Saída da Praza do Mercado- Ambrosio Feijó ata a rotonda- Alcalde Noguera Patiño, baixada á dársena vella, Rotonda e volta á meta.
INFANTÍS E CADETES: Saída da Praza do Mercado-Ambrosio Feijó-San Miguel-Areal-Avenida Eugenio López-Lugar de Buría-Cancela-Millarenga-Outeiro-Cabreira-Pista Mourín-Avenida Juan Carlos I, Doctor Xabier Teixeira. Total 2800m aprox
CARREIRA ABSOLUTA: Xuvenís: 1998, 1997 e 1996, 18 a 40 anos (cumpridos o día da carreira) 41 en diante (cumpridos o día da carreira)
O percorrido será de 2 voltas ao seguinte traxecto: Saída da Praza do Mercado-Ambrosio Feijó-San Miguel-Areal-Avenida Eugenio López-Lugar de Buría-Cancela-Millarenga-Outeiro-Cabreira-Pista Mourín-Avenida Juan Carlos I, Doctor Xabier Teixeira. Total 5600m aprox.
6. A calificación será absoluta e por categorías:
NAS CARREIRAS DE BASE:
BENXAMÍN: masculino e feminino d@s tres primeir@s calificad@s.
ALEVÍN: masculino e feminino d@s tres primeir@s calificad@s.
INFANTIL: masculino e feminino d@s tres primeir@s calificad@s.
CADETE: masculino e feminino d@s tres primeir@s calificad@s.
NA CARREIRA ABSOLUTA:
Xuvenís: 1998, 1997 e 1996 masculino e feminino.
18 a 40 anos (cumpridos o día da carreira) masculino e feminino.
41 en diante (cumpridos o día da carreira) masculino e feminino.
7. A organización contará coa colaboración de organismos municipais competentes, que regularán o tráfico ao longo de todo o percorrido.
8. Descalificacións:
a) O servizo médico da competición están facultados para retirar durante a proba a calquer atleta que manifieste un mal estado físico.
b ) Todo atleta que non realice o percorrido completo.
c) Todo atleta que non leve visible o dorsal ou que dobre o mesmo.
d) O atleta que manifieste un comportamento non deportivo ou se reitere en protestas ante a Organización.
e) Todo corredor-a que chegue á meta sen dorsal, será descalificado.
9. O percorrido da carreira absoluta estará sinalado cada km.
10. As inscricións estarán limitadas a 150 participantes na carreira absoluta.
12. Establécense os seguintes premios:
NAS CARREIRAS DE BASE:
PITUF@S: Medalla para tod@s @s participantes.
PREBENXAMÍN: Medalla para tod@s @s participantes.
BENXAMÍN: Medalla para tod@s @s participantes.
ALEVÍN: Medalla para tod@s @s participantes.
INFANTIL: Medalla para tod@s @s participantes e trofeo para os 3 primeir@s califica@s masculinos e femininos
CADETE: Medalla para tod@s @s participantes e trofeo para os 3 primeir@s califica@s masculinos e femininos
NA CARREIRA ABSOLUTA:
Trofeo e lote productos de Conservas Boya para os 1º, 2º e 3º calificad@s masculin@s e feminino da carreira
Xuvenís: 1998, 1997 e 1996 1º, 2º e 3º calificado masculino e feminino. Trofeo e lote productos de Conservas Boya
18 a 40 anos (cumpridos o día da carreira) 1º, 2º e 3º calificado masculino e feminino. Trofeo e lote productos de Conservas Boya.
41 en diante (cumpridos o día da carreira) 1º, 2º e 3º calificado masculino e feminino. Trofeo e lote productos de Conservas Boya.
OS PREMIOS SERÁN ACUMULATIVOS.
13. Debido ao carácter estrictamente deportivo e popular da proba non se admitirán reclamacións. A participación é libre e leva implícito a aceptación do Regulamento Xeral da proba. O Clube Balonmán Camariñas, así como a Comisión Organizadora non se farán responsables dos danos físicos, morais ou materiais que ocasione a participación nesta carreira.
No suposto que algún ou algunha participante quede por detrás do vehículo que pecha a carreira, cando o tempo máximo para o remate da mesma esté acabado, converterase nun peón máis e rexirase polo Reglamento General de Tráfico.
O non recollido no mesmo resolverase segundo o criterio da comisión organizadora, sendo as súas decisións inapelables.
14. A Organización porá a disposición dos participantes da carreira un lugar onde poderse cambiar, pero se lles informa que non haberá servizo de garda roupa. O lugar é o Pavillón Municipal de Camariñas (dispoñible tamén para ducharse despois de correr a 7´andando da saída).
15. Os únicos vehículos que poderán seguir a proba, serán os autorizados pola organización.
16. Coa realización da inscripción todo participante cede os seus dereitos de imaxe á organización que tratará ditas imaxes con arreglo á lei de protección de datos.
17. Ao finalizar a carreira haberá un avituallamento sólido e líquido para tod@s @s participantes da carreira absoluta e líquido para @s participantes das categorías base.
18. Tod@s @s participantes, polo feito de tomar a saída na Carreira, aceptan o presente Regulamento, e no caso de dúbida ou de xurdir algunha situación non reflectida no mesmo, estarase ao que dispoña o Comité Organizador.
Todos @s atletas están obrigados a circular polo carril dereito xa que a carreira discorre con tráfico aberto polo outro carril nunha zona detrminada e poderán ser retirados da carreira polas autoridades de tráfico se non o fan dese xeito.
A Organzación desta carreira aproveita a ocasión para agradecer a súa participación.
Fecha: 28/12/2013
Ficha SAN SILVESTRE CAMARIÑAS
LOCALIDAD: | CAMARIÑAS |
PROVINCIA: | A CORUÑA |
COMUNIDAD AUTONOMA | GALICIA |
HORA: | 17:00 |
MODALIDAD: | SAN SILVESTRE |
KILOMETROS | 5,6 |
COMO LLEGAR A Camariñas
Ver mapa más grande
Lucas Teano
0 comments :
Publicar un comentario
Este comentario está moderado por el administrador del blog, y no será publicado hasta que este no lo autorice.