SAN SILVESTRE DE PONTEVEDRA - 2013


Informacion SAN SILVESTRE PONTEVEDRA 31/12/2013


RELACIONADO: CARRERA DE PONTEVEDRA, CARRERA PONTEVEDRA
HORARIO DA CARREIRA:
Celebrarase o sábado 31 de decembro de 2013 a partir das 17:00 h. con saída e chegada na avenida de Montero Ríos en Pontevedra.

DISTANCIA E PERCORRIDO:
Será de 3.700 metros, para homes e mulleres, en todas as idades, polas rúas da cidade de Pontevedra nun circuíto pechado ao tráfico (ver plano xunto), saíndo pola avda. de Montero Ríos.

Saída na avenida de Montero Ríos e paso polas rúas Marques de Riestra, Oliva, García Camba, Andrés Muruáis, praza de Galicia, Augusto García Sánchez, praza da Liberdade, Raiña Vitoria, Alameda, Doctor Enrique Marescot, Xeneral Martitegui, praza Concepción Arenal, Condesa Pardo Bazán, Arzebispo Malvar, praza do Peirao, Barón, Enfesta de San Telmo, rúa da Ponte, praza Celso García De La Riega, praza Valentín García Escudero, Sierra, avenida de Bos Aires, Irmáns Sobrino Buhigas, Cruz Vermella, Padre Amoedo, Sarmiento, praza da Verdura, Sarmiento, praza Méndez Núñez, Sarmiento, Real, praza Curros Enríquez, Soportais, Paseo Antonio Odriozola, praza da Peregrina, Michelena, Xeral Gutierrez Mellado, Marques de Riestra e avda. de Montero Ríos onde estará a meta.

IDADE DE PARTICIPACIÓN:
Poderán tomar parte todas as persoas que así o desexen. A organización non se fará responsable da participación de persoas menores de idade, polo que estarán sempre ao cargo dos seus titores legais ao longo de toda a carreira.

INSCRICIÓN E RECOLLIDA DE DORSAIS:
Só se poderá tomar parte na San Silvestre con dorsal oficial e para elo haberá que inscribirse desde o 01/12/13 ata o día 26/12/13, na páxina web www.sgpontevedra.com, posteriormente terás que recoller o dorsal nos lugares e datas que a continuación indicámosche.

Os días 27, 28 e 30/XII de 10,00 a 13,30 h a 16,30 a 19,30 h. e o día 31/XII de 10,00 a 13,00 h na Casa do Turista de Pontevedra (Praza Verdura, s/nº).
O día da carreira (e só de xeito excepcional), os deportistas de fora do municipio de Pontevedra que veñan á San Silvestre poderán recoller o dorsal (non se poderán inscribir) na propia saída de 15,30 a 16,30 h.

ACCIÓN SOCIAL DA CARREIRA
Voluntariamente podedes traer un produto de alimentación (aceite, polo, carne, pasta, arroz,...), a partir das 15,30 horas á propia saída, para facerlle entrega ao “Comedor Social de San Francisco”.

ARBITRAXE:
Será controlada por persoal do Comité Organizador.

INDUMENTARIA EN CARREIRA:
É obrigatorio levar o dorsal sempre e ben visible, estirado e no peito. Se algunha persoa acude disfrazada terá que levar o dorsal tamén.

PREMIOS:
Entregaráselle un lacón ao gañador absoluto masculino e feminino, así como trofeos aos 3 primeiros homes e mulleres. Haberá agasallos a todos os participantes con dorsal que rematen a carreira, ata esgotar as existencias. Tamén entregaranse os premios do Circuito de Carreiras de Pontevedra 2013 (CCCP).

EMERXENCIAS:
Recomendamos que todas as persoas menores de idade, ou con mobilidade reducida, non se poñan en primeira liña de saída porque coa propia dinámica sempre se poden xerar algún incidente.
En caso de que calquera deportista inscrito na Carreira San Silvestre 2013 estivera indisposto, poderá acudir a calquera das 2 ambulancias medicalizadas da Cruz Vermella, que estarán situadas, unha na liña de meta e a outra acompañando á cola do percorrido.
Circularán na cabeza da carreira, e á metade do percorrido, vehículos da organización.

VARIOS:
A organización no se fai responsabilidade dos danos físicos ou materiais que os corredores/as se podan ocasionar a eles mesmos, a outras persoas ou a elementos materiais.
A organización resérvase o dereito a efectuar calquera modificación nas condiciones indicadas, incluso a suspensión da proba si as condicións meteorolóxicas, ou outras forzas de causa maior, así o aconsellan.
As persoas inscritas ceden de maneira expresa, a Organización, o dereito a reproducir o nome e apelidos e a súa imaxen, durante esta carreira, sólo para a promoción da actividade física e do deporte, así como informarlles de futuras actividades relacionadas co atletismo.
Para poñerse en contacto coa organización, poderán facelo a través do correo-e info @ sgpontevedra.com

Fecha: 31/12/2013

Ficha CARRERA PONTEVEDRA

LOCALIDAD: PONTEVEDRA
PROVINCIA: PONTEVEDRA
CODIGO POSTAL: 36071
COMUNIDAD AUTONOMA GALICIA
HORA: 17:00
MODALIDAD: CARRERA
KILOMETROS 5



CLASIFICACIONES:

CUANDO ESTE DISPONIBLE PODRÁ CONSULTAR AQUI LA CLASIFICACION 2013




DE INTERES
* BARRIO ANTIGUO DE PONTEVEDRA
* BIBLIOTECA PÚBLICA DEL ESTADO
* CAPILLA DE LA PEREGRINA
* CONJUNTO HISTÓRICO ARTÍSTICO (AMPLIACION
* CONVENTO E IGLESIA DE SAN FRANCISCO
* GRABADO RUPESTRE A ESCULCA LASTRA LEXE DO OUTEIRO DO MATO DAS CRUCES
* GRABADO RUPESTRE CARRAMAL POZO DE ESCRIBANA PENEDO DE VILAR DE MATOS
* GRABADO RUPESTRE REGATO DOS BURACOS OUTEIRO DA MINA
* IGLESIA DE SANTA MARÍA LA MAYOR
* MUSEO DE PONTEVEDRA
* RUÍNAS DEL CONVENTO DE SANTO DOMINGO

COMO LLEGAR A Pontevedra


Ver mapa más grande
Lucas Teano


0 comments :

Publicar un comentario

Este comentario está moderado por el administrador del blog, y no será publicado hasta que este no lo autorice.