SAN SILVESTRE SOLIDARIA DE PONTEAREAS - 2013 PONTEAREAS


Informacion y resultados SAN SILVESTRE SOLIDARIA DE PONTEAREAS 31/12/2013


RELACIONADO: SAN SILVESTRE DE PONTEAREAS, RESULTADOS SAN SILVESTRE PONTEAREAS
REGULAMENTO DA PROBA “II SAN SILVESTRE SOLIDARIA DE PONTEAREAS 2013”

PREVIO Á CARREIRA

Art. 1º.- Todos os participantes polo feito de inscribirse declaran coñecer, entender e aceptar o presente regulamento
Art. 2º.- A Asociación Deportiva Taninos Runners Ponteareas, con CIF: G94049871 organiza, en colaboración co Concello de Ponteareas, o martes 31 de decembro de 2013, a partir das 17:30 horas a “II San Silvestre Solidaria de Ponteareas” sobre un trazado urbano de 5 Km.

Art. 3º.- PARTICIPANTES E CATEGORIAS.
Poderán participar todas aquelas persoas, federadas ou non, que o desexen sempre que estean inscritas, nos prazos establecidos para o efecto pola organización, e cumpran as condicións de participación.
Categorías Establecidas:
A proba estará aberta a tódolos atletas que teñan cumpridos os 14 anos de idade no día da proba.

Art. 4º.- CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN.
As persoas participantes comprométense a aceptar estritamente o presente regulamento e calquera posible modificación da proba, obrigada por causas alleas á vontade da organización.
O feito de inscribirse implica ter lido, entendido e adquirido os compromisos que se expoñen a continuación:
- Cada corredor participa baixo a súa enteira responsabilidade, afirma posuír un nivel de condición física suficiente para afrontar a proba e ter pasado os pertinentes controis médicos de saúde.
- A organización non se fai responsable de calquera lesión ou padecemento por imprudencia, neglixencia ou falta de forma física do/a participante.
- O/A participante exime de toda responsabilidade á organización que puidese derivarse da súa participación no evento (Ex. perda de obxectos persoais por roubo ou outras circunstancias, perigo de lesións, atropelos, agresións...)
- Autorízase á organización o uso de calquera imaxe en publicacións, carteis ... para a promoción do deporte. Calquera persoa inscrita poderá prohibir a utilización da súa imaxe previa solicitude expresa e por escrito dirixida á Asociación Deportiva Taninos Runners Ponteareas (rúa Oriente 15 – 2º - 36860 Ponteareas)

A Organización resérvase o dereito a rexeitar calquera inscrición que non acepte os termos e condicións expostos no presente regulamento. No caso de dúbida, ou de xurdir algunha situación non reflectida neste, estarase ao que dispoña a Organización.

Art. 5º.- INSCRICIÓNS.


Faranse no correo electrónico taninosponteareas@gmail.com dende o día 1 de decembro ata o domingo 29 de decembro de 2013. No correo debe constar o nome e apelidos, DNI e correo electrónico. Non se admitirán nin inscricións posteriores nin o mesmo día da proba.

A inscrición será GRATUÍTA
A inscrición na proba é persoal e intransferible.
A inscrición na proba quedará limitada a 500 participantes.
ACCIÓN SOCIAL: Voluntariamente, todos os/as participantes, sexan corredores ou membros da organización e público en xeral, poderán facer unha achega dun produto alimenticio non perecedoiro, nomeadamente produtos de limpeza e hixiene persoal, para que a Asociación Ponte Solidario e Cáritas Parroquial de Ponteareas continúen co seu labor social.
[u]

O DÍA DA PROBA

Art. 6º.- RECOLLIDA DE DORSAIS.
Farase na zona de saída, na Praza Maior de Ponteareas, nun lugar habilitado pola organización, entre as 15:30 e as 17:00 do día da proba.
Na mesma zona farase a entrega da bolsa do corredor ao rematar a proba.
Os participantes disporán dun servizo de gardarroupa na zona de saída e meta.

Art. 7º.- PERCORRIDO.
Os corredores completarán 3 voltas ao seguinte circuíto urbano:
Saída e chegada na Praza Maior fronte ao edificio da seguridade social, con dirección sur cara a rúa da Esperanza, seguimos pola Praza Bugallal, xiro á dereita por rúa Reveriano Soutullo, xiro á esquerda por rúa Salvaterra, xiro á esquerda por rúa Virxe da Luz, xiro á dereita por Amado Garra, xiro á esquerda por rúa Azorín, xiro á esquerda por Rosalía de Castro, xiro á esquerda para seguir de frente por rúa Concha Brey, Avda da Constitución, rúa de Oriente para chegar na terceira volta á Praza Maior


Distancia: 5 km aprox.
Horario da saída: 17:30h
Avituallamento: Na liña de chegada.

Art. 8º.- SERVICIOS SANITARIOS E SEGURO DE ACCIDENTES.
A Organización disporá dun servizo médico formado por un/ha médico, un/ha enfermeiro/a e unha ambulancia, situados na zona de saída e chegada
A Organización dispón dun seguro de responsabilidade civil segundo a lexislación vixente con número de póliza: 0961370044995, contratado con Mapfre Seguros.
Así mesmo, todo participante non federado, disporá dun seguro de accidentes, non lesións, soamente para o día da carreira, contratado pola organización.

Art. 9º.- DESCUALIFICACIÓNS.
O servizo médico da competición, ou o director de carreira, están facultados para retirar da carreira a calquera atleta que manifeste un mal estado físico evidente, que non realice o percorrido completo, que non teña dorsal, que manipule a publicidade do dorsal, que manifeste un comportamento non deportivo ou que se reitere en protestas á organización.

Art. 10º.- PERSOAS NON INSCRITAS.
Toda persoa que corra sen estar inscrita, faino baixo a súa responsabilidade, non estará cuberta pola Organización. Se é advertida a súa presenza instaráselle a abandonar o circuíto.

POSTERIOR Á CARREIRA


Art. 11º.- PREMIOS.
Polo carácter solidario e non competitivo da proba, non haberá máis premio que o poder correr polas rúas da nosa vila o derradeiro día do ano.

Art. 12º.- SERVIZO DE DUCHA.
Os participantes disporán dun servizo de ducha no pavillón Álvaro Pino de Ponteareas, aberto ata unha hora despois de finalizar a proba.

Para máis información: taninosponteareas@gmail.com
Fecha: 31/12/2013

Ficha SAN SILVESTRE PONTEAREAS

LOCALIDAD: PONTEAREAS
PROVINCIA: PONTEVEDRA
COMUNIDAD AUTONOMA GALICIA
HORA: 17:30
MODALIDAD: SAN SILVESTRE
KILOMETROS 5


CLASIFICACIONES:


CUANDO ESTE DISPONIBLE PODRÁ CONSULTAR AQUI LA CLASIFICACION 2013



COMO LLEGAR A Ponteareas



Ver mapa más grande
Lucas Teano


0 comments :

Publicar un comentario

Este comentario está moderado por el administrador del blog, y no será publicado hasta que este no lo autorice.